19 Jun 2013

Un mar de coñecemento nas Illas Cíes


O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia está formado por 4 arquipélagos situados nas Rías baixas: Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada. A maior parte da superficie protexida correspóndese cos fondos mariños que rodean as illas. O pasado 27 de maio, o alumnado que participa no proxecto “Un mar de coñecemento” (contratos-programa) realizou unha visita didáctica ó Arquipélago das Illas Cíes. Foi unha xornada de traballo moi intensiva que incluía os seguintes obxectivos:

- recoñecer as especies máis características do intermareal rochoso atlántico

- coñecer a flora dunar

- observar as colonias de aves mariñas que aniñan no arquipélago das Illas Cíes

- valorar a importancia de preservar as illas atlánticas debido a súa riqueza biolóxica.

A nosa chegada a Illa de Monteagudo dirixímonos a unha zona seleccionada polo noso guía onde estudamos o INTERMAREAL ROCHOSO: zonación debido aos efectos da marea, adaptacións da fauna a este medio, algas, cubetas do litoral, etc.
Anemonia viridis




A continuación realizamos unha visita ao SISTEMA DUNAR destacando a presencia de especies endémicas das illas como a camariña (Corema album) cunha das mellores poboacións da especie en Galicia.
Corema album



De camiño a Illa do Faro detivémonos no LAGO DOS NENOS e observamos varias das especies que habitan neste espazo como os muxos, as xulias, os sargos, doradas, …



Atopamos unha trampa para capturar o visón americano, especie foránea que supón un serio perigo para as clonias de aves mariñas.


         

  Despois de comer continúamos o camiño ata o Alto da Campá,
para observar a riqueza ornitolóxica, en canto a aves mariñas do arquipélago das Illas Cíes; polo camiño atopamos niños de gaivota patiamarela e con axuda de material óptico (prismáticos e telescopio) observamos os niños de cormorán moñudo con crías.
Larus cachinnans

Phalacrocorax aristotelis
 No seguinte vídeo pode observarse un resumo da actividade:





14 Jun 2013

O alumnado de 4º E.S.O. investiga na Universidade de Vigo


O alumnado de 4º de E.S.O. participante no proxecto “ Un mar de coñecemento”, dentro dos Contratos-Programa, desprazouse ao Laboratorio de Sedimentoloxía, dirixido polo profesor Dr. Miguel Ángel Nombela do Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio da Universidade de Vigo.

Os alumnos/as realizaron tres actividades prácticas co obxectivo de caracterizar os sedimentos de tres praias de A Guarda. As mostras de area foron recollidas en distintos puntos con respecto ao ano anterior, ampliando así a zona de estudo.
 
ACTIVIDADE 1: GRANULOMETRÍA

- Cuarteo de area seca: repetimos varias veces esta operación ata quedar cunha mostra de 100 g
 
 
- Columna de tamizaxe
 
 
3º Medida do peso retido en cada tamiz

 
 
 
- Programa informático-Gradistat: analizando as porcentaxes obtidas de areas, gravas, ...
 
 

 
 
 
 
ACTIVIDADE 2: CALCIMETRÍA
O ensaio consiste na determinación do volume de dióxido de carbono desprendido ao reaccionar os carbonatos presentes na mostra con ácido clorhídrico mediante o CALCÍMETRO DE BERNARD. A partir do volume de dióxido de carbono determinaremos os carbonatos presentes na mostra expresándoos como porcentaxe de carbonato cálcico e realizando unha estima da riqueza biolóxica da praia. Canto máis alto sexa o valor obtido maior será o número de organismos mariños na zona.
- Pulverización da mostra no morteiro
 
- Valoración gasométrica en calcímetro de Bernard
 

 

 


ACTIVIDADE 3: ESTIMACIÓN VISUAL DOS SEDIMENTOS Á LUPA BINOCULAR

- Separación dunha mostra nunha placa de Petri
 
 

- Estimación mediante a carta de comparación para a estimación visual da porcentaxe de constituintes Tomado de Terry & Chilingar, 1955.
 
 

Finalización da xornada de traballo