28 May 2018

Organización das 2as xornadas de medio ambiente

Hoxe estivemos preparando os materiais que estarán a disposición de toda a comunidade escolar en relación coas 2as xornadas de medio ambeinte que se celebrarán no IES A Sangriña os días 30 e 31 de maio.

Todo preparado!!!

















27 May 2018

2as Xornadas de Medio Ambiente


Visita á Serra da Groba

O 26 de abril, alumnado de 4º ESO realizou unha saída á Serra da Groba guiada por X. L. Vilar.

Durante a visita realizouse un percorrido no que se repasou a toponimia dos lugares visitados. Puidemos visitar varios restos de mámoas, enterramentos megalíticos dos que tan só quedan algúns restos en pésimo estado de conservación.

No alto da Groba visitamos o Foxo Pedriño. Un foxo de lobos empregado para cazar este depredador.










Próximo ó foxo Pedriño visitamos o petroglifo da Laxe Cruzada.





A saída realizouse dentro do programa de actividades do proxecto "a pegada do lobo".