10 May 2012

Programa especial realizado na Radio Municipal da Guarda:::



Este é o video que contén o programa que realizamos na xornada de onte na Radio Municipal da Guarda (107.8fm) Agardamos que vos guste.

9 May 2012

Escoita o programa de radio que fixemos na Radio Municipal da Guarda:::


Podes escoitalo o xoves 10 ás 19.30 na Radio Municipal da Guarda.
Para sintonizala entra no 107.8fm ou en internet, no blog da radio
De momento podes ver este pequeno video con fotografías, aí estamos nós en acción!

Hoxe gravación do programa de radio no proxecto "A Arte da Argumentación":::

Tal e como tiñamos previsto, hoxe a caravana da "Arte da Argumentación" parte de novo para a Radio Municipal da Guarda co obxectivo de gravar un programiña sobre a Educación, vamos que imos falar de nós memsos, contaremos como vivimos na Sangriña o noso día a día e opinaremos sobre aspectos relativos ao centro e á sociedade. Á volta xa vos contaremos como foi a experiencia...

4 May 2012

"A Arte da Argumentación" prepara un programa de radio:::

Na tarde onte desenvolveuse na biblioteca do IES A Sangriña un obradoiro de argumentación para preparar o programa de radio previsto para gravar o vindeiro mércores nas intalacións da Radio Municipal da Guarda.

A temática que centrará o noso proxecto é; "A EDUCACIÓN HOXE". Lanzamos unha serie de preguntas sobre as que reflexionaremos:

A estrutura do sistema educativo actual
-Imos ao instituto para aprender ou para aprobar?
-Quen educa, os pais ou a escola?
-Utilizamos axeitadamente os recursos que temos? (ex. Novas tecnoloxías)
-Teñen os institutos que procurar unha educación integral do alumnado ou só impartir certos coñecementos?
-Son necesarias as normas nas casas e nos institutos? 


Os “RECORTES” que veñen ao IES A Sangriña

  • Que implica reducir o cadro do profesorado: máis alumnado por aula, que non se cubran as baixas axeitadamente,
  • Isto vai modificar as posibilidades de escoller materias e itinerarios, cal é a forma máis axeitada?

30 Apr 2012

Esta semana SESIÓN FORMATIVA no programa "A Arte da Argumentación"

  Será na biblioteca do centro o xoves día 3 en horario de tarde (16.30-18.00) Durante o transcurso da mesma aprenderanse aspectos básicos sobre a argumentación e deseñarase un programa de radio que se ha gravar a vindeira semana na Radio Municipal da Guarda.


PROGRAMA:::


Xoves 3 de MAIO

16.30h-18.00h Sesión formativa “A ARTE DA ARGUMENTACIÓN” [biblioteca do IES A Sangriña]

Manuel Rosende e Beatriz Tourón (profesores da área lingüística do IES A Sangriña)

Actividade dirixida a crear un programa radiofónico onde aprender aspectos sobre a arte da argumentación para facer a seguinte saída práctica á radio municipal.



Mércores 9 de MAIO

17.00h-18.30h CREACIÓN DUN PROGRAMA RADIOFÓNICO [estudios da Radio Municipal da Guarda – Saída e regreso desde o IES A Sangriña]

Manuel Rosende (Coordinador do proxecto)

Visita á Radio Municipal da Guarda para a realización dun programa radiofónico en base á arte de argumentar.



Xoves 31 de maio

16.30h- 18.00h charla “ARGUMENTACIÓN E MERCADOTECNIA NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN DE MASAS” [biblioteca do IES A Sangriña]

Beli Martínez Martínez (Universidade de Vigo) profesora de “Guión, produción. e realización de programas ficción” e “Teoría e técnica do documental”
Charla para coñecer como funciona a mercadotecnia no ámbito audiovisual, técnicas de argumentación para a promoción comercial. A argumentación ao servizo da economía.