
A temática que centrará o noso proxecto é; "A EDUCACIÓN HOXE". Lanzamos unha serie de preguntas sobre as que reflexionaremos:
A estrutura do sistema educativo actual
-Imos ao instituto para aprender ou para aprobar?-Quen educa, os pais ou a escola?
-Utilizamos axeitadamente os recursos que temos? (ex. Novas tecnoloxías)
-Teñen os institutos que procurar unha educación integral do alumnado ou só impartir certos coñecementos?
-Son necesarias as normas nas casas e nos institutos?
Os “RECORTES” que veñen ao IES A Sangriña
- Que implica reducir o cadro do profesorado: máis alumnado por aula, que non se cubran as baixas axeitadamente,
- Isto vai modificar as posibilidades de escoller materias e itinerarios, cal é a forma máis axeitada?
No comments:
Post a Comment