3 Jun 2016

Ecoloxía reproductiva e larvaria de invertebrados mariños

Alumnado de 4º de ESO e de Bacharelato para Persoas Adultas realizaron a experiencia de observar as fases do desenvolvemento embrionario do ourizo de mar (Paracentrotus lividus) e como inflúen diferentes concentracións salinas na viabilidade das larvas. O traballo do alumnado no laboratorio foi asesorado polos profesores Paula Álvarez, Goretti González, Juan Hermida e María Traveso.

Recolléronse 12 individuos aproveitando a baixamar, pois necesitamos dispoñer de machos e femias que non se poden diferenciar externamente polo que é aconsellable recoller varios individuos.

Ourizos (Paracentrotus lividus)


Inxectándolle 1 ml de KCl 0,55 M a través da membrana peristomal, inducímoslle a posta de gametos. Puidemos obter machos e femias.
(macho)                                                                  (femia)


Unha vez obtidos os gametos observamos a morfoloxía dos óvulos sen fecundar ó microscopio óptico.
Óvulos (100X)
Realizamos o proceso de fertilización e enseguida puidemos comprobar como o óvulo desenvolve unha membrana de fertilización para evitar que poida penetrar outro espermatozoide e se produza polispermia.

Óvulos fertilizados coa membrana de fertilización (100X)

(desenvolvemento da membrana de fertilización) (100X)

45 minutos despois acádase o estado de dúas células.
(100X)
90 minutos despois da fertilización acádase o estado de 4 células.
(100X)
120 minutos despois da fertilización acádase o estado de 8 células.
(100X)

(400X)
Para comprobar como afecta ó desenvolvemento embrionario diferentes graos de salinidade realizáronse dilucións seriadas de auga de mar: 100%, 75%, 50%, 25% e 0 %. De cada unha das solucións fixéronse 4 réplicas.
FOTO
As diferentes mostras deixáronse con aireación incubando a temperatura ambiente durante toda a noite.
24 horas despois da fecundación obsérvanse blástulas.
(100X)
48 horas. Gástrula
(100X)
No quinto día empézanse a formar as larvas pluteus.
(100X)

Finalmente acádase o estado de larva pluteus.
(100X)

(100X)
(100X)
(100X)

O traballo no laboratorio.








No comments:

Post a Comment