Despois
de dous anos desenvolvendo un proxecto multidisciplinar coordinado polo
profesor do Departamento de Ciencias Naturais, Dr. Juan Hermida, o alumnado de
1º de bacharelato do IES A Sangriña solicita ás administracións públicas unha
figura de protección para a Serra da Groba.
Xunto á
súa solicitude, apoiada polas sinaturas das nais e pais dos 22 alumnos e
alumnas que promoven esta iniciativa, acompañan unha memoria que recolle os
moitos valores ecolóxicos, faunísticos, florísticos, patrimoniais, xeolóxicos e
etnográficos que xustifican a creación dunha figura de protección que garanta a
súa mellora, protección e conservación.
A Serra
da Groba alberga hábitats, flora e fauna que as directivas europeas obrigan a
protexer e conservar. Destacan as brañas, a herpetofauna (anfibios e réptiles)
a avifauna (aves), a flora e múltiples especies endémicas. Xunto a estes
valores medioambientais atópanse na Serra da Groba numerosísimos elementos
patrimoniais históricos como os gravados rupestres ou as mamaos, sobre os que a
Comunidade de Montes en Man Común de Oia está xa a desenvolver un intenso labor
de posta en valor e difusión. Estes restos prehistóricos son testemuña dos
cambios que as poboacións humanas foron exercendo na súa contornae dende hai
aproximadamente 4000 anos, froito da súa
relación co territorio. Ata hoxe chegan ata nós elementos etnográficos
tradicionais como os curros ou os muiños.
A Serra
da Groba dende un punto de vista xeolóxico, posúe elementos que narran a
historia da evolución da codia terrestre dunha das zonas máis antigas de
Europa, unha verdadeira aula ó aire libre onde quedaron rexistrados no seu
relevo a formación do macizo ibérico, os continuos cambios do nivel do mar ou a
separación dos continentes europeo e americano hai aproximadamente 200 millóns
de anos.
Sen
embargo, a Serra da Groba, por atoparse nunha das zonas máis poboadas de
Galicia e que soporta unha gran presión demográfica non está exenta de riscos e
ameazas que poñen en perigo a súa protección e conservación. A acción humana
extinguíu da Serra da Groba o lobo do que ainda quedan na memoria colectiva os
últimos once lobos que se viron e as últimas cacerías de lobos. O
aproveitamento agrogandeiro mudou a vexetación a través do uso do lume e as
explotacións forestais transformaron o bosque autóctono en monocultivos de
piñeiros e eucaliptos.
Como
consecuencia das actividades humanas achegáronse outros retos medioambientais
como os incendios forestais ou as especies exóticas invasoras. Atrás quedan
proxectos de campos de golf e parques eólicos que ameazaron con alterar para
sempre este territorio.
A
crecente sensibilidade da cidadanía hacia a necesidade de creación de espazos
protexidos que protexan e conserven a contorna e a crecente actividade do
turismo de natureza, abre un potente abano de oportunidades no eido do turismo
de natureza no seu máis amplo sentido (incluídas as actividades humanas) que
podería contribuir á dinamización da economía local. Sen embargo, o escaso
coñecemento que se ten acerca da Serra da Groba dificulta a adopción de medidas
concretas por parte da administración pública.
Estamos diante dunha ocasión única para materializar
unha xestión sostible do territorio que faga compatible a preservación, mellora
e conservación dos nosos recursos co desenvovemento de actividades humanas e
económicas que a admnistración pública non pode seguir ignorando.
Nas 2as Xornadas de Medio Ambiente celebradas no IES A Sangriña os días 30 e 31 de maio presentouse o video "A pegada do lobo" e os traballos literarios "Cousos do lobo" "Presenza do lobo na literatra galega oral e escrita".
1. Presenza e significado do
lobo na literatura galega oral e escrita.
2. O lobo, símbolo da sombra (o
mal, a forma do medo, o diabólico, o monstro que hai no noso interior).
3. O lobo símbolo da forza da
natureza e da liberdade.
4. Outras visións do lobo na
tradición oral: natureza primitiva e inocencia fronte á astucia dos humanos e
do raposo.
5. A fada
(maldición) e a súa manifestación en relación co lobo.
6. A muller
loba e os seus significados.
7. Pepa a loba, importancia
dunha figura extraordinaria na nosa cultura.
8. Conclusións.
1. Presenza e significado do lobo na literatura galega oral
e escrita.
A presenza da figura do lobo na literatura galega é algo
que non nos colle por sorpresa, pois dende os tempos prehistóricos atópase
vinculada á nosa terra. Como compoñente característico das nosas paisaxes e
ecosistemas, o lobo cobra vital importancia como símbolo do medo, da sombra, da
escuridade e do natural e o salvaxe, a pesar de que podemos atopar
interpretacións positivas e de carácter revolucionario.
Dende sempre o home temía o lobo, dende sempre o lobo
evitou o home. Sempre existiu esa misteriosa relación entre ambos os dous. A
xente dos pobos, por tradición e prexuízo, tiña o lobo pola principal ameaza da
vida rural, pois atacaba o seu gando e amedrentaba a toda a aldea, mais é
sabido hoxe en día que a maioría de atribucións negativas sobre el, das que
falaremos a continuación, son falsas, como a ameaza que poida representar para
nós.
2. O lobo, símbolo da sombra
Falamos entón do lobo como símbolo, como sinónimo común das
sombras, do medo. E falamos del como tal pola súa mala fama, por ser o
protagonista das mortes máis traumáticas do rural. As mortes sempre
conmocionan, pero se o lobo é o responsable, moito máis. Este sentimento de
conmoción desembocou na lenda do lobo como expresión do demo, na caza do lobo,
no odio ó lobo. Odio que se reflicte na nosa literatura, rica en símbolos e
imaxes, perfectamente exemplificado no seguinte fragmento dun conto de Ánxel
Fole, que comeza así:
“Moitas veces
ouvín decir que os lobos non atacan ás persoas. E isto non é certo”.
E
finaliza da seguinte forma:
“–Se non sairades a buscarme tan só se me
atoparían os ósos. Xa non podía resistir máis –dixo o bo do home. Para que
vexades como traballan os lobos á xente.”
Así mesmo, contribúen a esa mala imaxe
os elementos fantásticos propios do folclore galego, relacionados
intrinsecamente coa nosa literatura e co lobo. É habitual encontrar lendas de
lobishomes (e lobas) ou lobicáns, presentes tanto na literatura oral coma a
escrita. Os seguintes poemas de Uxío Novoneyra son tamén exemplos da forte
relación do lobo co escuro e o misterio na nosa cultura:
XEA.Fai un frío que
queima.
Pouco a pouco
érguese a terra en
trempos.
O tourón os trousos
os carambelos!
Cruza un lobo...
Roxe a folla nos
carreiros
aló no fondo dos
cousos.
BARBAÑA barbaña...
Qué noite de lobos!
Oulan os cais nas
airas.
Anda e nebra baixa
borcos do souto
e polas bouzas da
braña...
3. O lobo símbolo da natureza e
da liberdade.
Polo seu
temple e maxestuosidade, o lobo é tomado tamén como o súmmum da natureza, o
perfecto exemplo da súa forza. É común atopar a figura do lobo coma un animal
libre, independente, que pola súa forza e poderío adáptase á contorna con
facilidade. O lobo é firme e afronta con seguridade as situacións de perigo
4. Outras
visións do lobo na tradición oral.
Fronte ás visións habituais do lobo, encontramos
interpretacións algo máis alternativas. Na oral é doado encontrar ao lobo
presentado coma un ser inocente, en contraste coa enganosa astucia do raposo ou
a maldade do ser humano. O temple do que falamos anteriormente é o mesmo que
lle confire un carácter nobre e inocente, feito paradóxico tendo e conta que
tamén é a imaxe do escuro, do aterrador.
Ademais disto, a figura do lobo en Galicia coincide coa súa
imaxe xeral en Europa (reflexada en libros como Cairo Branco, de Jack London),
sendo tamén símbolo da unión, o poder, a natureza primitiva e a súa forza.
5. A fada e a súa
manifestación en relación co lobo.
Retomando o folclore galego e o enfoque maligno en torno o
lobo, atopámonos coas chamadas fadas, maldicións que transformaban o ser humano
nun lobishome ou muller loba ou en lobo propiamente.
O seu poder negativo encárnase nesta fada coma un castigo
imposto para as persoas, unha ameaza perturbadora que toma unha vez máis a
imaxe do cánido. Vicente Risco narra no conto de O lobo da xente a maldición dunha nai á súa filla, co castigo de
convertela en loba.
“—Vaite da casa,
mala muller! Mala filla! Filla dun lobo! Loba! Permita Deus que te volvas loba
e que andes arrastrada polo monte coma os lobos, mala filla.—
Fada que me botou, fada que me saíu…”
6. A muller loba e
os seus significados.
A imaxe da muller loba é diversa. Ás veces, seguindo a
tradición patriarcal, a muller loba era presentada como a muller mala, seducía
e facía mal aos homes. Pola contra, outras veces a muller loba foi xusto o
contrario, un desafío á opresión de xénero e á reprodución dos roles
patriarcais, a procura absoluta da liberdade e a rebelión.
Exemplos disto na literatura son Ana en Pel de lobo, de Xosé Miranda, no que a
súa protagonista caracterízase por unha actitude inconformista e rebelde; e O
lobo da xente, obra na cal unha muller córtalle a man a un home que trataba
de violala, o que leva a que a súa nai lle botase posteriormente unha fada. Tamén na nosa cultura ten
gran valor a Raíña Loba, unha muller que, segundo as
lendas xacobeas, acolleu aos discípulos que trouxeron ao Apóstol a Santiago de
Compostela. Desta muller, que nesa época mandaba na rexión, dicíase que era
«poderosísima, Lupa de nome e actos». Se temos que falar dun exemplo por excelencia de muller loba,
sempre haberá que citar a Pepa a Loba.
7. Pepa a loba.
A historia de Pepa a Loba é a lenda dunha fera e audaz
bandoleira de finais do XIX que dirixía un grupo de ladróns a nivel galego.
Pepa roubaba a curas e caciques, e a súa figura pertence o arquetipo de
bandoleira xusticieira xa presente en Europa con personaxes coma Robin Hood.
Esta mítica personaxe da nosa cultura simboliza o valor
dunha muller que se lanza a loitar contra as inxustizas e rompe os roles
impostos enfrontándose os poderosos pola liberdade dos non privilexiados.
Emblemática e misteriosa, a súa figura érguese coma unha lenda narrada no libro
homónimo de Carlos G. Reigosa.
8. Conclusión
Natureza, escuridade, forza, medo, poder, morte, inocencia,
nobreza e moitas outras palabras poden resumirse nunha soa imaxe: o lobo.
Quizais un dos animais máis relacionados co ser humano ao largo da historia, e
tamén unha das figuras literarias máis utilizadas por todo o mundo.
E, como se dixo anteriormente, un símbolo de loita que
chama ós ouvidos de revolución de todos aqueles que soñan un mundo mellor.
9. Bibliografía.
Á lus do candil, de Ánxel Fole.
Os eidos, de Uxío Novoneyra.
O lobo da xente, de Vicente Risco.
Pel de lobo, de Xosé Miranda.
REDACCIÓN: Pablo Morano, Valeria Baz. _____________________________________________________________________________________________________________________
PRESENZA E SIGNIFICADO DO LOBO NA LITERATURA GALEGA ORAL E ESCRITA
Amaya, Álvaro, Hugo Cardoso, Hugo Carrero e Nayara.
Índice
Presenza e significado do lobo na literatura galega oral e escrita
O lobo, símbolo da sombra (o mal, a forma do medo, o diabólico, o monstro que hai no noso interior)
O lobo símbolo da forza da natureza e da liberdade
Outras visións do lobo na tradición oral: natureza primitiva e inocencia fronte á astucia dos humanos e do raposo
A fada (maldición) e a súa manifestación en relación co lobo
A muller loba e os seus significados
Pepa a loba, importancia dunha figura extraordinaria na nosa cutlura
Conclusións
Bibliografía
Presenza e significado do lobo na literatura galega oral e escrita:
Dende tempos prehistóricos Galicia relaciónase co lobo. Así vémolo representado na escrita eincluso en cantigas e lendas . Sempre se representou ao lobo como unha ameaza para o home, Sen embargo tamén atopamos relatos que relacionan o lobo ca natureza , ca inocencia ou como a muller que decide rebelarse contra a opresión e ser libre.
Neste traballo mostramos relatos que representan a figura do lobo , para ben e para mal, conautores como Ánxel Fole, Uxío Novoneyra, Xosé Miranda, Vicente Risco , Carlos Reigosa e mesmo o Códice Calixtino.
Un elemento propio da nosa natureza que logra alcanzar a imaxe de figura literaria conleva a súavez arrastrar todos os mitos característicos das lendas e historias transmitidas oralmente. Por isto cabe destacar que a pesar de todas as atribucións en torno ao lobo que examinaremos a continuación a realidade é ben diferente, tal e como descubrimos no centro do lobo Ibérico, en Castilla e León, a gran maioría de atribucións negativas son falsas, como por exemplo o feito de que o lobo sexa unha ameaza para o ser humano, ao igual que a gran maioría de animais, este soamente atacará no caso de que teña unha mesma impresión pola nosa parte. Tendo e conta o readactado, podemos comezar.
O lobo, símbolo da sombra (o mal, a forma do medo, o diabólico, o monstro que hai no noso interior):
Dende o principio dos tempos asociouse o lobo a un símbolo da maldade, relacionándoo co propioinferno, pola súa voracidade e violencia. Isto é debido a que no entorno rural, o gando víase repetidas veces indefenso frente ao ataque dun dos seus depredadores principais, e o propio lobo en lugar de limitarse a súa presa destrozaba o que se interpuña no seu paso. Polo que o lobo comezou a ser entendido coma un dos adversarios do humano, polo feito da necesidade de supervivencia en ambos casos. Este feito trae como consecuencia o inicio da caza deste animal, que acabou pondo en perigo a súa existencia.
Para entender mellor estas atribucións podemos ver claros exemplos no seguinte conto de ÁnxelFole, narrado dunha forma propia á literatura oral, buscando constantemente captar a atención e interese do público.
Comeza da seguinte maneira:
"Moitas veces ouvín decir que os lobos non atacan ás persoas. E isto non é certo.”
Soamente con ler estas dúas primeiras frases xa queda claro o enfoque do texto, o lobo xogarádende un principio o papel de depredador para a nosa propia vida.
“Era tempo de neve, e baixaran da serra da Moá”
Cito este fragmento para exemplificar a paisaxe cunha das imaxes tomadas na excursión.
Na imaxe pódese ver o Lago de Sanabria, aínda que non é neve, a néboa causa un mesmo efectode misterio e curiosidade, podemos exemplificar o ambiente do relato desta forma, hai un perigo e o medio que o rodea avorece ao valor da importancia que lle damos.
A continuación a forma en que introduce a historia en si:
“De noite médralles o corazón e son moi valentes. Non vos riades”
Vemos cómo utiliza o sarcasmo e posteriormente unha alusión aos oíntes ou lectores, coobxectivo xa antes citado de causar a maior impresión posible no público. Xa ao final do relato atopamos o seguinte final:
“-Se non sairades a buscarme tan só se me atoparían os ósos. Xa non podía resistir máis –dixo obo do home.
Para que vexades como traballan os lobos á xente.”
Captamos claramente a imaxe que xa analizamos, tanto dende o principio ata o final é obvia aforma en que se quere que sexa captado o lobo, como unha constante ameaza.
O lobo símbolo da forza da natureza e da liberdade
O lobo é un símbolo da forza da natureza, ao igual que unha especie de rei da fauna, xa que foidende hai moito tempo a única especie capaz de enfrentarse ao poder do ser humano, polo que pasou a representar a verdadeira importancia da natureza que se impón frente as nosas crenzas.
Por unha parte econtrábamos o símbolo do mal pola ameaza que supuña, pero dende estaperspectiva o lobo simboliza a forza pola súa capacidade de organización xerárquica para alcanzar os seus obxectivos de supervivencia. O propio aspecto do lobo favorece a esta simbloxía, normalmente a súa actividade se desenvolve
de noite (citado no conto do apartado anterior), isto provoca que a súa anatomía estea adaptada,unhas das características máis destacables é a súa visión para desenvolverse na noite. Os seus ollos adquiren un brillo especial, isto é producido pola retina, ao igual que nos felinos, reflicte a luz para mellorar a vista na oscuridade. Ademais, a común imaxe do lobo ouveando, o seu comportamento e mobilidade son claros exemplos do que tratamos de explicar con “forza da natureza”.
A continuación unha imaxe para apreciar o aspecto dun lobo:
A continuación analizaremos varios poemas de Uxío Novoneyra para apreciar de que maneira sereflicte a forza e liberdade do lobo.
Cousos do lobo!
Caborcos do xabarín!
Eidos solos
Onde ninguén foi nin ha de ir!
O lobo! Os ollos o lombo do lobo!
Baixa o lobo polo ollo do bosco
Movendo nas flairas dos teixos
Ruxindo na folla dos carreiros
En busca da vagoada máis sola e máis medosa...
Rastrexa
Párase e venta
Finca a pouta ergue a testa e oula cara o ceo
Con toda a sombra da noite na boca
Destácase que o lobo guarda toda a noite na boca, albergando toda a inmensidade da naturezano seu interior, destacando así a súa grandeza tamén. Toma o papel protagonista do poema.
XEA.
Fai un frío que queima.
Pouco a pouco
érguese a terra en trempos.
O tourón os trousos os carambelos!
Cruza un lobo...
Roxe a folla nos carreiros
aló no fondo dos cousos.
Outra vez aparece a imaxe de xiadas, o frío e o misterio.O lobo é impoñente, marca o seu territorio.
Van as nebras ó ras da Lucenza
Alumean os chotos no Chao do Longo
Brilan os bargos no Taro Branco
Oulan os lobos nos Focaros
Laia o apertador no Val Arcón
Aturula a curuxa na Serelluda
Oise ó lonxe o ruxir das fontes
O poema trata de sons e relaciónaos con nomes de lugares.Preséntase a paisaxe salvaxe con presenza humana, polo que establece tamén aquí unha relación entre a natureza e o ser humano, deixando a este nun posto inferior a todo e que lle rodea e os seus sons.
BARBAÑA barbaña...
Qué noite de lobos!
Oulan os cais nas airas.
Anda e nebra baixa
polos caborcos do souto
e polas bouzas da braña...
Neste caso, cómo xa destacamos anteriormente o lobo preséntase na noite, cómo parte dela, e asúa imaxen de froza e liberdade emitindo o seu son característico. Para o poema temos a seguinte imaxe, de néboa baixa e máis oscura, aínda qu enon é de noite:
Ademais do xa incluído o autor trata noutros poemas o lobo iluminado pola oscuridade, comodominante da zona, identficándoo co sol incluso.
Outras visións do lobo na tradición oral: natureza primitiva e inocenciafronte á astucia dos humanos e do raposo:
Por outra banda o lobo tamén foi visto dende tempos inmemorables de forma que pertencía anatureza, como xa dixemos, pero esta vez de maneira primitiva. O que quere dicir que a pesar do seu poder característico queda atrás en canto ao desenvolvemento intelectual do ser humano. E no reino da fauna detrás do raposo, un animal que ao longo da historia tamén foi apropiándose dunha imaxe literaria das que poderíamos destacar diferentes características, pero esta é a adeacuada neste caso.
O raposo presenta un enfoque diferente no seu comportamento na tradición oral, xa que utiliza a
astucia para superar de certa forma ao lobo, pero de todas as maneiras a mensaxe de unión e
poder segue caracterizando ao lobo, por iso se lle adquire ese enfoque primitivo, xa que sen
renovarse ocupa o seu mesmo papel.
A fada (maldición) e a súa manifestación en relación co lobo:
Este apartado está directamente relacionado coa simboloxía do mal en torno ao lobo, xa queademais de relacionalo co inferno intensifícase o seu poder negativo utilizándoo como obxecto de maldicións.
Isto é máis facilmente comprensible con exemplos.
No conto de O lobo da xente, Vicente Risco expón o feito de que unha rapaza é maldita pola súapropia nai co castigo de voltarse oba, cito textualmente:
“Permita Deus que te volvas loba e te
arrastres polo monte coma eles”.
Maldice a rapaza co feito de convertirse nun ser relacionado co inferno, coa maldade, a perdicióndo animal na natureza...
No conto de Ánxel Fole en torno a maldición xiran acontecementos extraños de diversas épocas.
A muller loba e os seus significados:
A loba aparece ao longo da historia encarnada pola fecundidade e caracterizada por ser nodrizadoutros peronaxes. Deusas de todo tipo e culturas aparecen ligadas a imaxe da loba, e aparece asociada a forzas ocultas e da noite. É símbolo de fecundidade e protección, e aparece tamén como figura para alcanzar o estado
salvaxe,no sentido de que se busca a liberdade absoluta, propia da natureza, e relacionándoo camuller.
Nesta búsqueda polo salvaxe encontramos diversos casos que destacar, como pode ser a mullerque se rebela: No relato O lobo da xente pódese ver coma unha muller que pretendía ser violada enfréntase ao seu destino e oponse a el cortándolle a man ao seu atacante. Négase a aceptar semellante acto cunha reacción chea de furia, pola que posteriormente é maldita.
Enfréntase a ser sometida a unha imaxe e actitude impostas por simplemente defender a súapropia integridade.
Por outra parte a muller que non acepta o rol de xénero: a muller presenta en cada vez máisdiversos casos unha firme oposición aos roles de xénero impostos pola sociedade. Podemos ver claros exemplos nalgúns personaxes, como Ana en Pel de lobo, de Xosé Miranda, caracterizada pola súa actitude rebelde inconformista.
En conxunto, a muller loba é un personaxe cheo de forza, que se impón ao establecido e loitacontinuamente en tódolos ambientes pola súa liberdade.
Pepa a loba, importancia dunha figura extraordinaria na nosa cutlura:
Pepa a loba é unha figura mítica galega que segundo a lenda conseguiu a súa fama dirixindounha banda de ladróns de roubaban a curas e caciques. Pertence ao arquetipo de bandalismo bondadoso extendido por Europa, ademais de poder ter relación coa Reina Lupa, mencionada no Códice Calixtino.
Ten unha gran importancia para a nosa cultura xa que simboliza a forza e o coraxe dunha muller,dominando a súa propia manada que decide loitar contra as inxustizas, como ben dicíamos antes loita para romper os roles impostos e acanzar desta vez, non só a súa liberdade, senon a liberdade moral de todos.
Conclusións:
Ao longo do traballo analizamos os diversos símbolos que caracterizan o lobo na nosa literatura ecultura, e podemos aprciar como un elemento da natureza tan propio coma nos mesmos pode ser interpretado de diversas maneiras que neste caso case acaba coa súa vida.
A nosa tradición alberga unha riqueza incontable de simboloxía, e esta é unha parte moi relevante,xa que fectou tanto ao pensamento como ao modo de vida pola necesidade de adaptarse.
Outra importante conclusión a destacar sería apreciar o papel da muller loba, sabemos que naactualidade a sociedade rixe uns ideais bastante afastados do que debería ser, e elaborando este traballo percatámonos que dende un principio a imaxe feminina non era vista da forma que todos cren que si foi así dende un principio, e en canto esta imaxe cambia para infravalorala aparece unha actitude firme e decidida a non consentilo, un claro exemplo do que debemos ter en conta hoxe en día, percatarnos de que podemos formar a nosa propia manada, e loitar unidas, contra un mundo sen liberdade.