13 Apr 2015

Identificación do sexo de salmón mediante PCR e illamento de plásmidos

IDENTIFICACIÓN DO SEXO DE SALMÓN MEDIANTE PCR.

Os salmóns posúen unha determinación cromosómica do sexo, de xeito similar ós seres humanos. Os machos son XY (sexo heterogamético) e as femias son XX (sexo homogamético).

A identificación do sexo dos salmóns pescados na natureza é importante xa que ó longo de toda a tempada de pesca existen diferenzas entre a proporción de femias e machos pescados ó longo da tempada. Así, ó principio da tempada péscanse principalmente femias e conforme avanza a tempada de pesca vai incrementado a proporción de machos pescados.

Se se pesca en exceso a principio da tempada córrese o risco de diminuir drásticamente a poboación de femias, desequilibrando a poboación e perxudicando á capacidade reproductiva da mesma.

A simple vista os salmóns non poden diferenciarse por sexo, tan só a final do seu ciclo reproductivo é posible diferencialos pola súa morfoloxía. Por esta razón, unha metodoloxía para identificar o sexo baséase na detección dunha secuencia de ADN do cromosoma Y.

A PCR (Reacción en Cadea da Polimerasa) é unha metodoloxía que permite amplificar unha secuencia concreta de ADN, do cromosoma Y, por exemplo. Deste xeito se o animal analizado é unha femia, as súas células terán dous cromosomas X (XX) e polo tanto a PCR non identificará ningunha secuencia de ADN propia do cromosoma Y. Polo contrario, se o individuo analizado é un macho a PCR detectará a secuencia de ADN propia do cromosoma Y e veremos un sinal positivo.

Para realizar a reacción de PCR necesitamos os seguintes compoñentes:
ADN da mostra, ADN polimerasa, nucleótidos de Adenina, de Timina, de Citosina e de Guanina, cebadores (directo e inverso), cloruro de magnesio e un tampón para manter estable o pH do medio de reacción.








Unha vez realizadas as mezclas de reacción, estas lévanse a un termociclador para sometelas a sucesivos ciclos de desnaturalización do ADN, hibridación dos cenadores e alongamento do ADN.


Unha vez rematado o proceso de amplificación do ADN, realízase unha electroforese de ADN. A electroforese é un método que permite separar moléculas de ADN polo seu tamaño, sometidos a un campo eléctrico.






Ó rematar a electroforese o ADN tínguese con bromuro de etidio. As mostras positivas (machos) presentan unha banda de cor laranxa.



EXTRACCIÓN DE PLÁSMIDOS DUN CULTIVO BACTERIANO.

Existen kits comerciais que permite, a partir dun cultivo bacteriano extraer o ADN dos plásmidos.

Os plásmidos son moléculas de ADN circular de pequeno tamaño, extracromosómico. As bacterias empregan os plásmidos para intercambiar ADN nun fenómeno coñecido como conxugación bacteriana.

Estes plásmidos son ferramentas moi útiles na clonación molecualr de xenes.






Agradecémoslle á Dra. Paloma Morán polo seu apoio na realización desta actividade e a Borja polo súa axuda.