21 Feb 2018

As paisaxes do lobo

Alumnado de 4º ESO visitan o Centro de interpretación do lobo ibérico en Robledo (Sanabria-Zamora) e o Caurel.

A saída didáctica enmárcase dentro do proxecto “A pegada do lobo” que no IES A Sangriña, un grupo de profesorado de 4º da ESO está a desenvolver dentro da liña de Paisaxe e Sustentabilidade do Plan PROXECTA da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación  Universitaria.

O venres 16 de febreiro, de camiño ó Centro de Interpretación do Lobo Ibérico achegámonos ó lago de Sanabria. O tempo era neboento pero, ainda así, puidemos contemplar os bosques caducifolios onde predominan os carballos e por onde vagaba algún que outro cervo entre a néboa. O lago de Sanabria é o lago de orixe glaciar máis grande de España e orixina o río Tera. Forma parte do Parque Natural do Lago de Sanabria e alrededores. Un espazo de elevado interés medioambiental fortemente ameazado pola contaminación, especialmente polos aportes de augas fecais ocasionados pola ausencia de rede de saneamento .






A sequía deste último ano foi tamén patente. O nivel da auga alonxábase das beiras ás que habitualmente chega.

No Centro de Interpretación do Lobo Ibérico de Robledo, recibíunos o seu Director Carlos Sanz, Impulsor e creador do Centro. Carlos Sanz é biólogo e formou parte do equipo de traballo de Félix Rodríguez de la Fuente na grabación da serie documental sobre a fauna ibérica “El Hombre y la Tierra”, unha serie que cambiou a conciencia de toda unha xeración acerca da necesidade de conservar o medio ambiente e especialmente o Lobo Ibérico (Canis lupus signatus). No Centro de Interpretación atópanse dúas manadas de lobos en semiliberdade. Son lobos rescatados de incendios ou da cría furtiva en cautividade polo que xa non poden ser devoltos á natureza polo que agora xogan un importante papel no programa de educación medioambiental. Carlos Sanz amosounos unha sesión de maexo dos lobos, dismitificando a súa imaxe de animais feroces  e depredadores despiadados.





As guías do Centro organizaron tamén unha visita guiada polas instalacións e un taller para aprender conceptos básicos de ecoloxía, onde o  alumnado demostrou moi satisfactoriamente os seus coñecementos na materia.












O sábado 17 de febreiro fixemos a visita guiada polo Caurel, unha paisaxe moi distinta á nosa e unha maneira moito máis sostible do territorio.

Visitamos o Museo Xeolóxico e o Museo Etnográfico de Quiroga. Sí, dous museos nunha vila que escasamente supera os 3000 habitantes!!!.

No museo xeolóxico aprendemos sobre a orixe de Galicia no contexto da oroxenia Hercínica fai uns 300 millóns de anos (Carbonífero) e as estructuras xeolóxicas que se xeraron daquela.







No museo Etnográfico, puidemos ver a impresionante colección de material que recolle o xeito de vida destas xentes no pasado e que constitúe a nosa tradición.




Incluso a nosa alumna Dafne Piñeiro González atreveuse a improvisar unha peza nunha pianola centenaria. Gracias Dafne por este momento tan increible!!!



A viaxe á paisaxe do Caurel comezou pola visita ó pregamento de Campodola, referencia para os xeólogos de toda Europa e a falla de Santa Eufemia.




Durante o percorrido, contemplamos os impresionantes bosques frondosos do Caurel e os mares de uces. O relevo, caracterizado por fortes pendentes orixinadas pola importante rede fluvial, é o resultado da erosión sobre un basamento de rochas metamórficas, fáciles de erosionar.

Visitamos o castro da Torre. Un castro romano onde se estima que vivían entre 300 e 500 persoas que extraían ouro dos xacementos da contorna. A ubicación privilexiada deste asentamento permite contemplar a basta paisaxe do Caurel sucada polo río Lor, a vila de Sobredo  e os límites entre Galicia e León.










Continuamos o noso percorrido hacia a vila de Seceda, unha típica vila de arquitectura tradicional.

Polo camiño cuidemos ver numerosas albarizas, construcións que teñen por obxectivo proteger as colmeas dos osos que aínda habitan pola zona.





En Seceda atopámonos cun artista local, Urbano Arza Sánchez. Escultor de madeira e poeta. No seu percorrido de reparto de mercancía pola zona, Urbano adicounos uns minutos para amosarnos a súa  arte.


E así chegamos ó final da nosa viaxe. Déixovos un video co resumo da viaxe.


Gracias ó alumnado polo seu comportamento, a súa implicación e o seu interés.