Recolléronse 12 individuos aproveitando a baixamar, pois necesitamos dispoñer de machos e femias que non se poden diferenciar externamente polo que é aconsellable recoller varios individuos.
Ourizos (Paracentrotus lividus)
(macho) (femia)
Unha vez obtidos os gametos observamos a morfoloxía dos óvulos sen fecundar ó microscopio óptico.
Óvulos (100X)
Realizamos o proceso de fertilización e enseguida puidemos comprobar como o óvulo desenvolve unha membrana de fertilización para evitar que poida penetrar outro espermatozoide e se produza polispermia.
Óvulos fertilizados coa membrana de fertilización (100X)
(desenvolvemento da membrana de fertilización) (100X)
45 minutos despois acádase o estado de dúas células.
(100X)
90 minutos despois da fertilización acádase o estado de 4 células.
(100X)
120 minutos despois da fertilización acádase o estado de 8 células.
(100X)
(400X)
Para comprobar como afecta ó desenvolvemento embrionario diferentes graos de salinidade realizáronse dilucións seriadas de auga de mar: 100%, 75%, 50%, 25% e 0 %. De cada unha das solucións fixéronse 4 réplicas.
FOTO
As diferentes mostras deixáronse con aireación incubando a temperatura ambiente durante toda a noite.
24 horas despois da fecundación obsérvanse blástulas.
(100X)
48 horas. Gástrula
(100X)
No quinto día empézanse a formar as larvas pluteus.
(100X)
Finalmente acádase o estado de larva pluteus.
(100X)
(100X)
(100X)
(100X)
O traballo no laboratorio.