25 Jul 2015

Eclosiona a segunda posta

Hoxe, 24/07/2015 eclosionaron os ovos dunha segunda posta dos caracois reclutados para estudar a súa descendencia.
Coma nos outros casos, o proxenitor trátase dun caracol de fenotipo amarelo con múltiples bandas, como podes ver nas seguintes fotografías.



21 Jul 2015

Emerxen os primeiros alevíns

Un mes e medio (44 días) despois (12/06/2015) de observar o caracol soterrado poñendo ovos (29/04/2015), eclosionan  e emerxen os alevíns. Estes pequenos caracois pasarémolos a outro recipiente e alimentarémolos coa mesma pasta alimenticia a fin de que medren e poidamos observar os seus fenotipos. De momento non se poden apreciar diferencias fenotípicas entre eles.







Os caracois poñen ovos

O 29 de abril de 2015, observamos o noso primeiro caracol soterrado no sustrato poñendo ovos.