19 May 2013

ACUARIOFILIA e “Un mar de coñecemento”


Durante dous anos consecutivos, no I.E.S A Sangriña, e coa colaboración de profesorado do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía disfrutamos dun acuario de auga de mar. O acuario é unha ferramenta moi práctica é útil que nos axuda nas sesións prácticas que levamos a cabo dentro do proxecto “Un mar de coñecemento”, estudando a fauna mariña (morfoloxía e anatomía de equinodermos, peixes,…) ademáis de fomentar actitudes positivas sobre a concienciación e a importancia de conservar o ecosistema mariño.

O acuario de auga de mar instalado no instituto intenta recrear un medio natural, unha cubeta do intermareal rochoso, onde os organismos poidan desenvolver un comportamento natural.

O acuario ten unha capacidade de 200 L de auga de mar e os sistemas que empregamos para conseguir estabilizar o medio son: un filtro (con separación biolóxica e física), un skimmer (espumador que extrae o exceso de proteína e residuos nitroxenados), un termómetro para controlar a temperatura da auga e un lámpara de luz artificial.

A fauna do acuario é itinerante e todos os animais serán devoltos ao mar, no mes de xuño.

A continuación podedes observar algunhas fotos do acuario; neste momento os habitantes do noso acuario inclúen organismos dos seguintes grupos zoolóxicos: equinodermos, crustáceos, cnidarios e vertebrados (peixes).



Vista xeral do acuario


Palaemon elegans (quisquillas) próximas a cuncha de Neptunea contraria


Cuncha de apupo sobre o que están fixadas Actinia equina var. fragacea, Actinia equina e Anemonia sulcata

Myoxocephalus scorpius ( peixe escorpión europeo)


Vista ventral - pés ambulacrais de Asterias rubens

Góbido (peixe) e formando parte do decorado a gorgonia Leptogorgia sarmentosa


 

14 May 2013

Paracentrotus lividus (Lamarck, 1816)


O alumnado de 1º da ESO que participa no proxecto “un mar de coñecemento” realizou a disección do ourizo de mar, un organismo moi frecuente nas nosas costas. Na lonxa de A Guarda capturanse máis de 32.000 kg/ano.
O ourizo de mar, Paracentrotus lividus é un equinodermo bentónico abundante na costa rochosa atlántica. Posúe un caparazón aplanado dorsiventralmente. Na cara interior ou oral está a boca e na cara superior ou aboral o ano. O caparazón está cuberto de espiñas duras e móbiles, presenta pés ambulacrais (estruturas retráctiles que rematan nunha ventosa) que atravesan o caparazón polos orificios da súas placas; ambalas dúas estruturas serven para a locomoción. Estos animais exhiben unha coloración variable, a maioría avermellados e verdes, e algúns exemplares rosa pálido e blanco. Coa axuda da lupa binocular observamos a súa morfología e anatomía: pedicelarios (estruturas que usan como defensa e para limpiarse), pés ambulacrais, branquias, sistema ambulacral, linterna de Aristóteles (estrutura formada por cinco pezas calcáreas denominadas pirámides coas puntas cara a boca; no interior de cada peza existe unha banda calcárea alongada, co extremo asomando pola boca, trátase dun dente; hai 5 dentes), as gónadas, etc. Tamén comparamos o seu caparazón e simetría pentarradiada con outra especie de ourizo de mar que habita en zonas areosas, o Echinocardium cordatum, que podemos atopar en Baiona (Praia Ladeira).
 
 
Fotografiando pedicelarios e pés ambulacrais empregando a lupa binocular.




 Lanterna de Aristóteles
 
 Gónadas
 
Paracentrotus lividus: rexións ambulacrais e interambulacrais
 

 
Caparazóns de Echinocardium cordatum

As MACROALGAS


O alumnado de 2º E.S.O. que colabora no proxecto “Un mar de coñecemneto” adicoulle unha sesión ao estudo e conservación das algas. As macroalgas son organismos incluidos no Reino dos Protoctistas, teñen unha estrutura corporal talófita sen desenvolver verdadeiros tecidos. Son organismos fotosintéticos, producen osíxeno que liberan ao medio onde viven. Son a base da cadea alimentaria acuática e tamén serven de substratos para moitos outros organismos e as súas postas. As macroalgas se clasifican en tres grandes grupos ou divisións: algas Clorófitas ou algas verdes, Feófitas ou algas pardas e Rodófitas ou algas vermellas; existe unha zonación no intermareal rochoso en supralitoral, mesolitoral e infralitoral onde as macroalgas nos dictan a profundidade, primeiro atopáranse as algas verdes e pardas e por último as algas vermellas con pigmentos fotosintéticos que se estimulan con baixa intensidade de luz.

No laboratorio, empregando claves dicotómicas, determinamos as especies recollidas no intermareal, algunha das cales estaba arroxada na praia. Neste momento estamos realizando as tarefas de conservación e haberá que esperar uns 15 días ata que estean totalmente preparadas para expoñer. Tamén aproveitamos para comentar o tradicional secado de algas vermellas que se realiza en Mougás e en Santa Maria de Oia, xa que existen múltiples aplicacións das algas: obtención de agar-agar, cremas cosméticas, produtos diéteticos, gastronomía,…
 

Bandexas para a clasificación nas distintas divisións.

Algas pardas: Fucus sp., Bifurcaria bifurcata, Sargassum muticum,...
 
Gelidium sesquidale
 
Corallina officinalis


Prensado para a conservación das algas.
 
As macroalgas recollidas e conservadas son: Ulva rigida, Bifurcaria bifurcata, Colpomenia peregrina, Dictyota dichotoma, Fucus vesiculosus, Cystoseira tamariscifoliaSargassum muticumLaminaria saccharina,  Halydris siliquosa, Padina pavonia,  Lithophyllum incrustans, Gelidum sesquidale, Mastocarpus stellatus, Corallina officinalis.