13 Mar 2012

Aberto o prazo para anotarse na "arte da argumentación"


A arte da argumentación:::

QUE É?
Un proxecto do Centro para aprender dun xeito práctico e ameno para defendernos mellor á hora de falar falar (debatir e argumentar)

A QUEN VAI DIRIXIDO?
A todo o alumnado do IES A SANGRIÑA que se desexe anotar

QUE ACTIVIDADES SE VAN FACER?

*     GRUPO PARLAMENTO XOVE (en marcha)
Grupo que vai participar no programa do Parlamento Xove (www.parlamentoxove.com)

*     GRUPO RADIO
Abrimos a posibilidade de facer aprender a falar para a radio e así colaborar coa Radio Municipal da Guarda (107.8fm)


*     FORMACIÓN ARGUMENTACIÓN

Contaremos con especialistas nesta materia que nos guiarán en obradoiros onde melloraremos as nosas capacidades oratorias.


INSCRICIÓN E INFORMACIÓN
Envía un correo electrónico cos teus datos (nome, apelido se correo electrónico de contacto)a contratosprograma@gmail.com ou escribíndoos nun papel e deixándoos na Sala de Profesores á atención do coordinador deste proxecto (Manuel Rosende)

Os horarios e datas destas actividades pechararanse entre todos os participantes.

9 Mar 2012

Que non pasen desapercibidos

A obervación con lupa binocular e microscopio permitiunos obervar unha realidade que case sempre nos pasa desaprcibida.
A maragota diseccionada resultou ser unha femia polo que puidemos obervar os ovos ó microscopio óptico:


As escamas vistas ó microscopio resultan ter un deseño sorprendente:



Tamén puidemos comprobar a presencia de parásitos. Neste caso entre as branquias había copépodos:























Apareceron tamén Anisakis, un parásito que está causar problemas de saúde polo costume de comer peixe crú. Lembrade que cociñar ben o peixe chega de abondo para matar este parásito:



8 Mar 2012

Seguimos traballando, nesta xornada a novidade foi a disección de peixes

Os alumnos e as alumnas participantes no proxecto "un mar de coñecemento" continúan o seu traballo a bo ritmo. Nesta ocasión e continuando coas experiencias que xa comezaron en días anteriores, a novidade foi a disección de peixes, en concreto unha maragota (Labrus bergylta) e un xurelo (Trachurus trachurus).
Coma en casos anteriores puideron ver a organización interna dos órganos destes peixes, especialmente os órganos de intercambio de gases: as branquias, ou a liña lateral e as escamas. Deixámosvos algunhas fotos da xornada de traballo no laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía.

Tamén vos inclúo un viedo do día anterior. Por certo alguén sabe cal é o tema do video?












1 Mar 2012

Os alumnos de CONTRATOS PROGRAMA estudan sedimentos de area

Os alumnos de 4º de ESO participantes no proxecto "Mar de coñecemento" dentro dos contratos programan, anlizan o contido en carbonato de calcio de tres mostras de sedimentos de area de tres praias do litoral de A Guarda.












Os alumnos do proxecto MAR DE COÑECEMENTO clasifican algas

 Os alumnos de 3º de ESO participantes no proxecto "Mar de coñecemento" dos contratos programa adican este trimestre ó estudo das algas do intermareal. Nesta ocasión, empregando claves dicotómicas e guías clasificaron algas recollidas no intermareal de Portecelo.