29 Apr 2013

O alumnado de 1º ESO describe as principais características anatómicas de dúas especies de peixes: a boga (Boops boops) e a cabala (Somber scombrus)

Dentro das actividades previstas no proxecto "Un Mar de Coñecemento", o alumnado de 1º ESO participante estudou anatomía de dous peixes. Ainda que non se trata das dúas especies máis significativas que se comercializan na lonxa de A Guarada (o mal tempo non permitíu dispoñer delas), sirven como modelo anatómico para calquera especie de peixe. As dúas especies estudadas foron a boga (Boops boops) e a cabala (Somber scombrus).


Boga: Boops boops
Vive en fondos costeiros de todo tipo. De augas pouco profundas. Gregario, desplazase en bancos, que de noite nadan en superficie. Alimentase de algas, moluscos e crustáceos. Poden cambiar de sexo: primeiro femias e logo machos.
É de escaso interés comercial dada a súa baixa cotización.

Cabala, rincha: Somber scombrus
Característica. Pedúnculo caudal con 5 pínulas no borde superior e inferior. Peixe peláxico, vive en cardumes cerca da superficie. A femia produce 200.000-450.000 ovos que eclosionan ó cabo de 6 días en larvas de 3,5-4,2 mm.

Os traballos de disección desenvolvéronse en base ós seguintes obxectivos:
Estudo da organización externa: forma, aletas, coloración, presenza de escamas. Peso, medidas.

Estudo da organización interna: observación dos arcos branquiais, identificación do corazón. Observación de órganos contidos na parede abdominal (gónadas, fígado, estómago, intestino, vexiga natatoria,…)














Escama, vista co microscopio:

Observación de gametos femininos e masculinos:



A oservación da anatomía interna permitíu tamén describir a presenza de parásitos. Neste caso o Anisakis, un parásito moi frecuente nos peixes das nosas costas pero que non constitúe ningún perigo para a saúde, sempre e cando se cociñe ben o peixe. Nalgúns casos, ainda así, hai persoas que presentan alerxia fronte a este parásito.



No comments:

Post a Comment