19 Jun 2013

Un mar de coñecemento nas Illas Cíes


O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia está formado por 4 arquipélagos situados nas Rías baixas: Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada. A maior parte da superficie protexida correspóndese cos fondos mariños que rodean as illas. O pasado 27 de maio, o alumnado que participa no proxecto “Un mar de coñecemento” (contratos-programa) realizou unha visita didáctica ó Arquipélago das Illas Cíes. Foi unha xornada de traballo moi intensiva que incluía os seguintes obxectivos:

- recoñecer as especies máis características do intermareal rochoso atlántico

- coñecer a flora dunar

- observar as colonias de aves mariñas que aniñan no arquipélago das Illas Cíes

- valorar a importancia de preservar as illas atlánticas debido a súa riqueza biolóxica.

A nosa chegada a Illa de Monteagudo dirixímonos a unha zona seleccionada polo noso guía onde estudamos o INTERMAREAL ROCHOSO: zonación debido aos efectos da marea, adaptacións da fauna a este medio, algas, cubetas do litoral, etc.
Anemonia viridis




A continuación realizamos unha visita ao SISTEMA DUNAR destacando a presencia de especies endémicas das illas como a camariña (Corema album) cunha das mellores poboacións da especie en Galicia.
Corema album



De camiño a Illa do Faro detivémonos no LAGO DOS NENOS e observamos varias das especies que habitan neste espazo como os muxos, as xulias, os sargos, doradas, …



Atopamos unha trampa para capturar o visón americano, especie foránea que supón un serio perigo para as clonias de aves mariñas.


         

  Despois de comer continúamos o camiño ata o Alto da Campá,
para observar a riqueza ornitolóxica, en canto a aves mariñas do arquipélago das Illas Cíes; polo camiño atopamos niños de gaivota patiamarela e con axuda de material óptico (prismáticos e telescopio) observamos os niños de cormorán moñudo con crías.
Larus cachinnans

Phalacrocorax aristotelis
 No seguinte vídeo pode observarse un resumo da actividade:





No comments:

Post a Comment