8 May 2015

Cultivo de caracois no laboratorio para análises xenéticas

Os caracois C. nemoralis son hermafroditas. A miúdo, os arganismos que atopamos na natureza xa foron fertilizados con anterioridade polo que facer cruces selectivos no laboratorio, esixe a obtención de individuos xuvenís inmaduros.

Sen embargo, podemos analizar a descendencia dos individuos dobre homozigotos recesivos, é dicir, dos caracois amarelos de 5 bandas. Observando a descendencia destes indivíduos poderase deducir o fenotipo do outro proxenitor, do mesmo xeito que se fai nun retrocruzamento.

Con este obxectivo, a partir dos caracois atopados na natureza, seleccionáronse 5 individuos amarelos de 5 bandas para manter no laboratorio e obter a súa descendencia.

Para cultivar estes caracois no laboratorio empregáronse vasos de plástico perforados para facilitar a ventilación. Nestes vasos púxéronse 5 cm de terra (turba). a alimentación fíxose con pasta alimenticia para caracois. En todo momento mantívose un ambiente húmido e a limpeza dos recipientes fíxose semanalmente.




Para realizar a posta de ovos, os caracois entérranse para depósitar entre 30 e 80 ovos, dos que en aproximadamente 15-20 días nacerán os alevíns.


Caracol alimentándose



No comments:

Post a Comment