13 Mar 2012

Aberto o prazo para anotarse na "arte da argumentación"


A arte da argumentación:::

QUE É?
Un proxecto do Centro para aprender dun xeito práctico e ameno para defendernos mellor á hora de falar falar (debatir e argumentar)

A QUEN VAI DIRIXIDO?
A todo o alumnado do IES A SANGRIÑA que se desexe anotar

QUE ACTIVIDADES SE VAN FACER?

*     GRUPO PARLAMENTO XOVE (en marcha)
Grupo que vai participar no programa do Parlamento Xove (www.parlamentoxove.com)

*     GRUPO RADIO
Abrimos a posibilidade de facer aprender a falar para a radio e así colaborar coa Radio Municipal da Guarda (107.8fm)


*     FORMACIÓN ARGUMENTACIÓN

Contaremos con especialistas nesta materia que nos guiarán en obradoiros onde melloraremos as nosas capacidades oratorias.


INSCRICIÓN E INFORMACIÓN
Envía un correo electrónico cos teus datos (nome, apelido se correo electrónico de contacto)a contratosprograma@gmail.com ou escribíndoos nun papel e deixándoos na Sala de Profesores á atención do coordinador deste proxecto (Manuel Rosende)

Os horarios e datas destas actividades pechararanse entre todos os participantes.

No comments:

Post a Comment