8 Mar 2012

Seguimos traballando, nesta xornada a novidade foi a disección de peixes

Os alumnos e as alumnas participantes no proxecto "un mar de coñecemento" continúan o seu traballo a bo ritmo. Nesta ocasión e continuando coas experiencias que xa comezaron en días anteriores, a novidade foi a disección de peixes, en concreto unha maragota (Labrus bergylta) e un xurelo (Trachurus trachurus).
Coma en casos anteriores puideron ver a organización interna dos órganos destes peixes, especialmente os órganos de intercambio de gases: as branquias, ou a liña lateral e as escamas. Deixámosvos algunhas fotos da xornada de traballo no laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía.

Tamén vos inclúo un viedo do día anterior. Por certo alguén sabe cal é o tema do video?












No comments:

Post a Comment