14 May 2013

Paracentrotus lividus (Lamarck, 1816)


O alumnado de 1º da ESO que participa no proxecto “un mar de coñecemento” realizou a disección do ourizo de mar, un organismo moi frecuente nas nosas costas. Na lonxa de A Guarda capturanse máis de 32.000 kg/ano.
O ourizo de mar, Paracentrotus lividus é un equinodermo bentónico abundante na costa rochosa atlántica. Posúe un caparazón aplanado dorsiventralmente. Na cara interior ou oral está a boca e na cara superior ou aboral o ano. O caparazón está cuberto de espiñas duras e móbiles, presenta pés ambulacrais (estruturas retráctiles que rematan nunha ventosa) que atravesan o caparazón polos orificios da súas placas; ambalas dúas estruturas serven para a locomoción. Estos animais exhiben unha coloración variable, a maioría avermellados e verdes, e algúns exemplares rosa pálido e blanco. Coa axuda da lupa binocular observamos a súa morfología e anatomía: pedicelarios (estruturas que usan como defensa e para limpiarse), pés ambulacrais, branquias, sistema ambulacral, linterna de Aristóteles (estrutura formada por cinco pezas calcáreas denominadas pirámides coas puntas cara a boca; no interior de cada peza existe unha banda calcárea alongada, co extremo asomando pola boca, trátase dun dente; hai 5 dentes), as gónadas, etc. Tamén comparamos o seu caparazón e simetría pentarradiada con outra especie de ourizo de mar que habita en zonas areosas, o Echinocardium cordatum, que podemos atopar en Baiona (Praia Ladeira).
 
 
Fotografiando pedicelarios e pés ambulacrais empregando a lupa binocular.




 Lanterna de Aristóteles
 
 Gónadas
 
Paracentrotus lividus: rexións ambulacrais e interambulacrais
 

 
Caparazóns de Echinocardium cordatum

No comments:

Post a Comment