19 May 2013

ACUARIOFILIA e “Un mar de coñecemento”


Durante dous anos consecutivos, no I.E.S A Sangriña, e coa colaboración de profesorado do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía disfrutamos dun acuario de auga de mar. O acuario é unha ferramenta moi práctica é útil que nos axuda nas sesións prácticas que levamos a cabo dentro do proxecto “Un mar de coñecemento”, estudando a fauna mariña (morfoloxía e anatomía de equinodermos, peixes,…) ademáis de fomentar actitudes positivas sobre a concienciación e a importancia de conservar o ecosistema mariño.

O acuario de auga de mar instalado no instituto intenta recrear un medio natural, unha cubeta do intermareal rochoso, onde os organismos poidan desenvolver un comportamento natural.

O acuario ten unha capacidade de 200 L de auga de mar e os sistemas que empregamos para conseguir estabilizar o medio son: un filtro (con separación biolóxica e física), un skimmer (espumador que extrae o exceso de proteína e residuos nitroxenados), un termómetro para controlar a temperatura da auga e un lámpara de luz artificial.

A fauna do acuario é itinerante e todos os animais serán devoltos ao mar, no mes de xuño.

A continuación podedes observar algunhas fotos do acuario; neste momento os habitantes do noso acuario inclúen organismos dos seguintes grupos zoolóxicos: equinodermos, crustáceos, cnidarios e vertebrados (peixes).



Vista xeral do acuario


Palaemon elegans (quisquillas) próximas a cuncha de Neptunea contraria


Cuncha de apupo sobre o que están fixadas Actinia equina var. fragacea, Actinia equina e Anemonia sulcata

Myoxocephalus scorpius ( peixe escorpión europeo)


Vista ventral - pés ambulacrais de Asterias rubens

Góbido (peixe) e formando parte do decorado a gorgonia Leptogorgia sarmentosa


 

No comments:

Post a Comment