Alumnado de 4º ESO visitan o Centro de interpretación do
lobo ibérico en Robledo (Sanabria-Zamora) e o Caurel.
A saída didáctica enmárcase dentro do proxecto “A pegada do lobo” que no IES A
Sangriña, un grupo de profesorado de 4º da ESO está a desenvolver dentro da liña de Paisaxe e Sustentabilidade do Plan
PROXECTA da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
O venres 16 de febreiro, de camiño ó Centro de
Interpretación do Lobo Ibérico achegámonos ó lago de Sanabria. O tempo era
neboento pero, ainda así, puidemos contemplar os bosques caducifolios onde
predominan os carballos e por onde vagaba algún que outro cervo entre a néboa.
O lago de Sanabria é o lago de orixe glaciar máis grande de España e orixina o
río Tera. Forma parte do Parque Natural do Lago de Sanabria e alrededores. Un
espazo de elevado interés medioambiental fortemente ameazado pola contaminación,
especialmente polos aportes de augas fecais ocasionados pola ausencia de rede
de saneamento .
A sequía deste último ano foi tamén patente. O nivel da auga
alonxábase das beiras ás que habitualmente chega.
No Centro de Interpretación do
Lobo Ibérico de Robledo, recibíunos o seu Director Carlos Sanz, Impulsor e
creador do Centro. Carlos Sanz é biólogo e formou parte do equipo de traballo
de Félix Rodríguez de la Fuente na grabación da serie documental sobre a fauna
ibérica “El Hombre y la Tierra”, unha serie que cambiou a conciencia de
toda unha xeración acerca da necesidade de conservar o medio ambiente e
especialmente o Lobo Ibérico (Canis lupus
signatus). No Centro de Interpretación atópanse dúas manadas de lobos en
semiliberdade. Son lobos rescatados de incendios ou da cría furtiva en
cautividade polo que xa non poden ser devoltos á natureza polo que agora xogan
un importante papel no programa de educación medioambiental. Carlos Sanz
amosounos unha sesión de maexo dos lobos, dismitificando a súa imaxe de animais
feroces e depredadores despiadados.
As guías do Centro organizaron tamén unha visita guiada polas instalacións e un taller para aprender conceptos básicos de ecoloxía, onde o alumnado demostrou moi satisfactoriamente os
seus coñecementos na materia.
O sábado 17 de febreiro fixemos a visita guiada polo Caurel,
unha paisaxe moi distinta á nosa e unha maneira moito máis sostible do
territorio.
Visitamos o Museo Xeolóxico e o Museo Etnográfico de
Quiroga. Sí, dous museos nunha vila
que escasamente supera os 3000 habitantes!!!.
No museo xeolóxico aprendemos
sobre a orixe de Galicia no contexto da oroxenia Hercínica fai uns 300 millóns
de anos (Carbonífero) e as estructuras xeolóxicas que se xeraron daquela.
No museo Etnográfico, puidemos
ver a impresionante colección de material que recolle o xeito de vida destas
xentes no pasado e que constitúe a nosa tradición.
Incluso a nosa alumna Dafne Piñeiro González atreveuse a improvisar unha peza nunha pianola centenaria. Gracias Dafne por este momento tan increible!!!
A viaxe á paisaxe do Caurel comezou pola visita ó pregamento de Campodola, referencia para os xeólogos de toda Europa e a falla de Santa Eufemia.
A viaxe á paisaxe do Caurel comezou pola visita ó pregamento de Campodola, referencia para os xeólogos de toda Europa e a falla de Santa Eufemia.
Durante o percorrido,
contemplamos os impresionantes bosques frondosos do Caurel e os mares de uces.
O relevo, caracterizado por fortes pendentes orixinadas pola importante rede
fluvial, é o resultado da erosión sobre un basamento de rochas metamórficas, fáciles
de erosionar.
Visitamos o castro da Torre. Un
castro romano onde se estima que vivían entre 300 e 500 persoas que extraían
ouro dos xacementos da contorna. A ubicación privilexiada deste asentamento
permite contemplar a basta paisaxe do Caurel sucada polo río Lor, a vila de
Sobredo e os límites entre Galicia e León.
Continuamos o noso percorrido
hacia a vila de Seceda, unha típica vila de arquitectura tradicional.
Polo camiño cuidemos ver numerosas albarizas, construcións que teñen por obxectivo proteger as colmeas dos osos que aínda habitan pola zona.
Polo camiño cuidemos ver numerosas albarizas, construcións que teñen por obxectivo proteger as colmeas dos osos que aínda habitan pola zona.
En Seceda atopámonos cun artista
local, Urbano Arza Sánchez. Escultor de madeira e poeta. No seu percorrido de
reparto de mercancía pola zona, Urbano adicounos uns minutos para amosarnos a súa arte.
E así chegamos ó final da nosa
viaxe. Déixovos un video co resumo da viaxe.
Gracias ó alumnado polo seu
comportamento, a súa implicación e o seu interés.
This comment has been removed by the author.
ReplyDeleteImpresionante Viaxe!
ReplyDelete