14 May 2013

Paracentrotus lividus (Lamarck, 1816)


O alumnado de 1º da ESO que participa no proxecto “un mar de coñecemento” realizou a disección do ourizo de mar, un organismo moi frecuente nas nosas costas. Na lonxa de A Guarda capturanse máis de 32.000 kg/ano.
O ourizo de mar, Paracentrotus lividus é un equinodermo bentónico abundante na costa rochosa atlántica. Posúe un caparazón aplanado dorsiventralmente. Na cara interior ou oral está a boca e na cara superior ou aboral o ano. O caparazón está cuberto de espiñas duras e móbiles, presenta pés ambulacrais (estruturas retráctiles que rematan nunha ventosa) que atravesan o caparazón polos orificios da súas placas; ambalas dúas estruturas serven para a locomoción. Estos animais exhiben unha coloración variable, a maioría avermellados e verdes, e algúns exemplares rosa pálido e blanco. Coa axuda da lupa binocular observamos a súa morfología e anatomía: pedicelarios (estruturas que usan como defensa e para limpiarse), pés ambulacrais, branquias, sistema ambulacral, linterna de Aristóteles (estrutura formada por cinco pezas calcáreas denominadas pirámides coas puntas cara a boca; no interior de cada peza existe unha banda calcárea alongada, co extremo asomando pola boca, trátase dun dente; hai 5 dentes), as gónadas, etc. Tamén comparamos o seu caparazón e simetría pentarradiada con outra especie de ourizo de mar que habita en zonas areosas, o Echinocardium cordatum, que podemos atopar en Baiona (Praia Ladeira).
 
 
Fotografiando pedicelarios e pés ambulacrais empregando a lupa binocular.




 Lanterna de Aristóteles
 
 Gónadas
 
Paracentrotus lividus: rexións ambulacrais e interambulacrais
 

 
Caparazóns de Echinocardium cordatum

As MACROALGAS


O alumnado de 2º E.S.O. que colabora no proxecto “Un mar de coñecemneto” adicoulle unha sesión ao estudo e conservación das algas. As macroalgas son organismos incluidos no Reino dos Protoctistas, teñen unha estrutura corporal talófita sen desenvolver verdadeiros tecidos. Son organismos fotosintéticos, producen osíxeno que liberan ao medio onde viven. Son a base da cadea alimentaria acuática e tamén serven de substratos para moitos outros organismos e as súas postas. As macroalgas se clasifican en tres grandes grupos ou divisións: algas Clorófitas ou algas verdes, Feófitas ou algas pardas e Rodófitas ou algas vermellas; existe unha zonación no intermareal rochoso en supralitoral, mesolitoral e infralitoral onde as macroalgas nos dictan a profundidade, primeiro atopáranse as algas verdes e pardas e por último as algas vermellas con pigmentos fotosintéticos que se estimulan con baixa intensidade de luz.

No laboratorio, empregando claves dicotómicas, determinamos as especies recollidas no intermareal, algunha das cales estaba arroxada na praia. Neste momento estamos realizando as tarefas de conservación e haberá que esperar uns 15 días ata que estean totalmente preparadas para expoñer. Tamén aproveitamos para comentar o tradicional secado de algas vermellas que se realiza en Mougás e en Santa Maria de Oia, xa que existen múltiples aplicacións das algas: obtención de agar-agar, cremas cosméticas, produtos diéteticos, gastronomía,…
 

Bandexas para a clasificación nas distintas divisións.

Algas pardas: Fucus sp., Bifurcaria bifurcata, Sargassum muticum,...
 
Gelidium sesquidale
 
Corallina officinalis


Prensado para a conservación das algas.
 
As macroalgas recollidas e conservadas son: Ulva rigida, Bifurcaria bifurcata, Colpomenia peregrina, Dictyota dichotoma, Fucus vesiculosus, Cystoseira tamariscifoliaSargassum muticumLaminaria saccharina,  Halydris siliquosa, Padina pavonia,  Lithophyllum incrustans, Gelidum sesquidale, Mastocarpus stellatus, Corallina officinalis.

29 Apr 2013

Alumnado de 4ª ESO aplica a biotecnoloxía na diferenciación de especies de peixes.

O alumnado de 4º ESO participante no proxecto "Un Mar de Coñecemento" dentro dos contratos-programa desplazouse ó laboratorio de Xenética, dirixido por Paloma Morán, do Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía da Universidade de Vigo do Campus do Mar, co obxectivo de aplicar as técnicas de estudo do ADN na identificación de peixes. 


As técnicas moleculares de manipulación do ADN permiten distinguir con total fiabilidade un filete de salmón doutro de troita. A ténica empregada foi a PCR (Reacción en Cadea da Polimerasa). Trátase dunha proba moi importante na detección, por exemplo, de fraudes alimentarios.
Nesta ocasión, ante un fragmento de filete imposible de identificar a que especie pertence, os alumnos e alumnas deberon empregar a PCR para identificar a especie procedente do filete e concluir se se trata de salmón ou troita.
As dúas especies en cuestión diferencianse nun fragmento de ADN que se encarga de codificar o ARN 5S dos ribosomas. Durante o proceso evolutivo de ambas especies, o salmón só presenta un fragmento de ADN que se amplifica pola PCR. Sen embargo, a troita presenta dous fragmentos da mesma secuencia amplificada por PCR. Polo tanto, tras o estudo, o número de secuencias amplificadas permite conclir a qué especie pertence o fragmento de filete.

Os pasos seguidos foron os seguintes:
1- Extracción do ADN
2.- Amplificación mediante PCR
3.- Separación dos fragmentos obtidos mediante electroforese en xel de agarosa
4.- Visualización dos resultados mediante a tinción con bromuro de etidio

1.- Extracción de ADN
Ó tratarse dunha técnica moi empregada, existen kits comerciais para extraer o ADN do núcleo das células e separalo dos demáis restos celulares. Neste caso empregáronse columnas de intercambio iónico.










2.- Amplificación mediante PCR
Unha vez purificado o ADN (estas especies posúen no núcleo de cada célula o dobre de ADN que os humanos) elabórase a mestura da reacción da PCR. Básicamente, os elementos da mestura de reacción son o ADN purificado, Taq polimerasa (enzima que copia ADN, procedente do microorganismo Thermophilus aquaticus), os catro desoxirribunucleótidos (dATP, dCTP, dTTP, dGTP) e Magnesio (MgCl2, o magnesio é un cofector da enzima).





Despois da elaboración da mestura de reacción, a amplificación do ADN realizouse nun termociclador. Este aparato realiza de xeito automático os diferentes ciclos incrementando e diminuíndo a temperatura con gran eficiencia.

3.- Separación dos fragmentos obtidos mediante electroforese en xel de agarosa

4.- Visualización dos resultados mediante a tinción con bromuro de etidio

Debido ó tempo requerido para a realización do proceso completo, o alumnado xa dispuxo do xel de agaroda onde se separaon fragmentos de ADN previamente obtidos e amplificados, da mesma procedencia.

Pódese facer un rexistro fotográfico dos resultados obtidos:

O alumnado de 1º ESO describe as principais características anatómicas de dúas especies de peixes: a boga (Boops boops) e a cabala (Somber scombrus)

Dentro das actividades previstas no proxecto "Un Mar de Coñecemento", o alumnado de 1º ESO participante estudou anatomía de dous peixes. Ainda que non se trata das dúas especies máis significativas que se comercializan na lonxa de A Guarada (o mal tempo non permitíu dispoñer delas), sirven como modelo anatómico para calquera especie de peixe. As dúas especies estudadas foron a boga (Boops boops) e a cabala (Somber scombrus).


Boga: Boops boops
Vive en fondos costeiros de todo tipo. De augas pouco profundas. Gregario, desplazase en bancos, que de noite nadan en superficie. Alimentase de algas, moluscos e crustáceos. Poden cambiar de sexo: primeiro femias e logo machos.
É de escaso interés comercial dada a súa baixa cotización.

Cabala, rincha: Somber scombrus
Característica. Pedúnculo caudal con 5 pínulas no borde superior e inferior. Peixe peláxico, vive en cardumes cerca da superficie. A femia produce 200.000-450.000 ovos que eclosionan ó cabo de 6 días en larvas de 3,5-4,2 mm.

Os traballos de disección desenvolvéronse en base ós seguintes obxectivos:
Estudo da organización externa: forma, aletas, coloración, presenza de escamas. Peso, medidas.

Estudo da organización interna: observación dos arcos branquiais, identificación do corazón. Observación de órganos contidos na parede abdominal (gónadas, fígado, estómago, intestino, vexiga natatoria,…)














Escama, vista co microscopio:

Observación de gametos femininos e masculinos:



A oservación da anatomía interna permitíu tamén describir a presenza de parásitos. Neste caso o Anisakis, un parásito moi frecuente nos peixes das nosas costas pero que non constitúe ningún perigo para a saúde, sempre e cando se cociñe ben o peixe. Nalgúns casos, ainda así, hai persoas que presentan alerxia fronte a este parásito.