Descripción física
Cepaea
nemoralis
(L) é un caracol terrestre cun elevado polimorfismo, presentando variación na
cor da cuncha e no patrón de bandeado. A cor da cuncha varía entre marrón, rosa
e amarelo, onde as cores escuras dominan sobre as claras. O patrón de bandeado
presenta cinco bandas lonxitudinais pigmentadas de marrón escuro. As bandas
numéranse empezando pola que está máis alta na espiral cara á que está máis
abaixo (figura 1). Estas bandas poden verse reducidas a 1, 2, 3, 4 ou
completamente. A ausencia de bandas é dominante sobre a presenza das mesmas,
polo que este xene é epistático sobre todos os outros que afectan ó bandeado.
Figura 1. Método de numeración de
bandas. Á dereita as bandas 4 e 5 están fusionadas (Clarke. 1960).
Nomenclatura dos fenotipos.
En primeiro lugar indícase a cor da cuncha empregando Y
(Yelow) para amarelo, P (Pink) para rosa e B (Brown) para marrón. Polo xeral o
bandeado completo consta de 5 bandas e cando falta algunha indícase mediante un
0. Se aparecen bandas fusionadas indícanse entre paréntese. Así un caracol
amarelo de 5 bandas denomínase: Y12345 (ver figura 2).
Figura 2. Fenotipos de Cepaea
nemoralis (Ozgo,
2012)
Caracteres xenéticos e modo de
herdanza
A cor e o bandeado da cuncha son exemplos de herdanza
mendeliana. Así, a seguinte táboa recolle o modo de herdanza destes caracteres.
|
I would like to know if drainage holes are present at the bottom of the two plasic glass enclosures, the bottom plastic glass contains the soil for egg laying, are drainage holess prsent at the bottom of this plastic glass
ReplyDeleteMe gustaría saber si hay orificios de drenaje en la parte inferior de los dos recintos de vidrio plasmático, si el vidrio de plástico inferior contiene el suelo para la puesta de huevos, si el drenaje está presente en la parte inferior de este vidrio de plástico. Gracias por leerme.
ReplyDelete