8 May 2015

Describindo a especie

Descripción física

Cepaea nemoralis (L) é un caracol terrestre cun elevado polimorfismo, presentando variación na cor da cuncha e no patrón de bandeado. A cor da cuncha varía entre marrón, rosa e amarelo, onde as cores escuras dominan sobre as claras. O patrón de bandeado presenta cinco bandas lonxitudinais pigmentadas de marrón escuro. As bandas numéranse empezando pola que está máis alta na espiral cara á que está máis abaixo (figura 1). Estas bandas poden verse reducidas a 1, 2, 3, 4 ou completamente. A ausencia de bandas é dominante sobre a presenza das mesmas, polo que este xene é epistático sobre todos os outros que afectan ó bandeado.



Figura 1. Método de numeración de bandas. Á dereita as bandas 4 e 5 están fusionadas (Clarke. 1960).

Nomenclatura dos fenotipos.

En primeiro lugar indícase a cor da cuncha empregando Y (Yelow) para amarelo, P (Pink) para rosa e B (Brown) para marrón. Polo xeral o bandeado completo consta de 5 bandas e cando falta algunha indícase mediante un 0. Se aparecen bandas fusionadas indícanse entre paréntese. Así un caracol amarelo de 5 bandas denomínase: Y12345 (ver figura 2).

Figura 2. Fenotipos de Cepaea nemoralis (Ozgo, 2012)


Caracteres xenéticos e modo de herdanza

A cor e o bandeado da cuncha son exemplos de herdanza mendeliana. Así, a seguinte táboa recolle o modo de herdanza destes caracteres.
Xene
Caracter
Alelos

C

Cor da cuncha
CB: marrón
CP: rosa
CY: amarelo
CB > CP > CY
B
Presencia/ausencia de bandas
B0: Non bandeado
BB: bandeado
B0 > BB
U
Supresión das bandas 1, 2, 4, e 5
U3: unha banda (3)
U-: non modificado
U3 > U-

 
 
































2 comments:

  1. I would like to know if drainage holes are present at the bottom of the two plasic glass enclosures, the bottom plastic glass contains the soil for egg laying, are drainage holess prsent at the bottom of this plastic glass

    ReplyDelete
  2. Me gustaría saber si hay orificios de drenaje en la parte inferior de los dos recintos de vidrio plasmático, si el vidrio de plástico inferior contiene el suelo para la puesta de huevos, si el drenaje está presente en la parte inferior de este vidrio de plástico. Gracias por leerme.

    ReplyDelete